Monday 20 de May de 2024

‘Estudios Abertos’ terá lugar o sábado 15 de abril cunha xornada de portas abertas en 37 espazos da cidade


A cidadanía poderá visitar e conversar cos e coas artistas de 11.00 a 20.00 horas

Haberá espazos de todas as disciplinas artísticas e contarán programación propia

O Concello da Coruña organiza un ano máis, en colaboración con a xornada de portas abertas ‘Estudios Abertos’, na que este ano participarán un total de 37 espazos da cidade. O evento cultural será este sábado 15 de abril e o horario de apertura dos locais será de 11.00 a 20.00 horas.

Na xornada participarán profesionais das diferentes artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica e multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante toda a xornada, que incluirá a participación de artistas convidados e outras sorpresas.

O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man aos artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela. O Concello organiza este evento nun ano especial pola ‘Celebración Picasso 1973-2023’, que conmemora o cincuenta aniversario do falecemento do artista que comezou a súa carreira na Coruña.

Os estudos participantes serán: Ali Ali (pintura), Alfonso Deus (pintura), Carlota Bueno Hermida (pintura), Carmen Soriano Pereda (escultura, pintura e cerámica), Chelo Facal Casado (pintura e escultura), Daniel Remeseiro Rodríguez (multidisciplinar), Diego Avendaño (multidisciplinar), Edgar Ortiz (pintura e fotografía), Emile Gireau (escultura), Fernando Blanco Guerra (pintura e escultura), Giovani Ramírez (pintura e escultura), O Raposo Púrpura (pintura e escultura), Jano Muñoz (pintura), José Méndez (escultura), Juan Mirando (pintura e escultura), Julia Ares Iglesias (multidisciplinar), Laureano Vidal (pintura), Lidia Carrión (debuxo e pintura), Luis Mazorra e Bego Tojo (pintura e escultura), STOLAT (multidisciplinar, pintura e música), Manuel Suárez (pintura), Cillas Rodríguez (multidisciplinar), María Gisela Galván (pintura e multidisciplinar), Luisa Valdés Aguirre (pintura), María Xesús Díaz (pintura), Marta Pardo de Vera (pintura), Ese Sitio (ilustración), Noemí Penela (pintura), Xermán Rodríguez (escultura), Óscar Cabana (pintura), Pedro Bueno Salto (pintura e cerámica), Pilar Fandiño (pintura), Ramón Astray (pintura), Raúl Álvarez (pintura), Román Romeral (pintura), Simone Maestra (pintura), Vítor Mejuto (pintura) e Vítor Rodríguez (pintura). Toda a información relacionada coa súa programación, convidados e convidadas pódese consultar no plano de situación desta edición.